Procedemento de preinscrición

As e os aspirantes deberán cubrir a preinscrición vía telemática nos prazos establecidos no calendario.

Unha vez finalizado o primeiro prazo de matrícula, se quedaren prazas vacantes, abrirase un segundo prazo de matrícula que se rexerá polos mesmos principios e condicións que o primeiro prazo. Con carácter extraordinario, as Comisións Académicas de cada máster poderán solicitar un terceiro prazo, en función da valoración do número de prazas xa adxudicadas para cada cota, nos dous prazos ordinarios anteriores.

O alumnado poderá preinscribirse nun máximo de 4 másteres da Universidade de Vigo.

 

Criterios de admisión

As solicitudes de admisión serán valoradas pola comisión académica seguindo os seguintes criterios (inclúe porcentaxes de ponderación):

  • Expediente académico (30%, para alumnado de titulacións non preferentes 50%).
  • Outros méritos académicos e de formación (cursos de posgrao, outras titulacións, asistencia a cursos, congresos…) (20%).
  • Actividade investigadora (bolsas de investigación, participación en contratos ou liñas de investigación) (10%).
  • Publicacións (libros, capítulos de libro, artigos, comunicacións a congresos de carácter científico no ámbito. Clasificadas en función do ámbito internacional, nacional, local) (20%).
  • Experiencia profesional (actividade profesional no ámbito) (10%).
  • Outros méritos: idiomas, etc (5%).
  • Entrevista persoal, se fose necesaria (como complemento ao perfil do aspirante, para valorar as actitudes e coñecementos previos orientados á investigación) (5%).

Os méritos avaliables que terá en conta a comisión son os establecidos nos regulamentos da Universidade de Vigo e que establece como méritos preferentes o expediente académico e os establecidos nesta proposta. Outro mérito avaliable é a competencia lingüística en inglés correctamente acreditada polo estudante. A experiencia profesional e outros méritos relacionados coa innovación continua, ou que reflictan as habilidades do candidato para esta actividade. Calquera dúbida sobre o currículo ou as habilidades dos candidatos resolverase a través dunha entrevista persoal.

 

Procedemento de preinscrición

As persoas que xa estudaron na UVigo deben facer a preinscrición desde a Secretaría Virtual.
En caso contrario, realízase desde o apartado de Automatrícula.