Capacidades e coñocementos previos

O perfil investigador do Mestrado, deseñado para formar investigadores polivalentes no campo das ciencias da actividade física e o deporte, estende o abanico de candidatos a titulados universitarios en campos afíns á actividade física, o deporte e Saúde. Así mesmo e tendo en conta que o obxectivo do Máster é formar para investigar e innovar, búscase un perfil de estudante dinámico, crítico, creativo, con capacidade para resolver problemas cos que non está familiarizado, e que teña unha actitude flexible, que lle permita facelo de forma autónoma, pero tamén mediante o traballo en equipo.

Linguas a empregar no proceso formativo e nivel esixido

Un dos obxectivos marcados polos plans de Normalización Lingüística das Universidades galegas é propiciar que o galego sexa a lingua habitual de comunicación, de expresión e de traballo da comunidade universitaria. Neste sentido, establécese que os centros, os departamentos, as dependencias administrativas e de servizos, teñan como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc., redactaranse en galego. Debido a iso, solicítase do estudantado que posúa un suficiente dominio de calquera das dúas linguas oficiais da comunidade autónoma galega. Ademais, cabe indicar que a referencia á capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega inclúese concretamente na Universidade de Vigo como competencia transversal.