Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Mestrado en Deporte

Mestrado Interuniversitario
en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

O presente título supón a transformación en Mestrado Interuniversitario do previamente existente na Universidade de Vigo e é froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña.

Orixinalmente o título comezou a súa andaina na Universidade de Vigo o curso 2009-2010, iniciándose a súa impartición como título inter-universitario, unha vez verificada a súa memoria, no curso 2015-2016. Na Comunidade Autónoma de Galicia hai dúas Universidades que imparten a titulación de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, concretamente na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra) e na Facultade de Deporte e a Educación Física na Universidade da Coruña. En ambos os centros hai grupos de investigación que centran o seu traballo sobre a Actividade Física, o Deporte e a Saúde. É por iso que este Mestrado supón unha optimización dos recursos económicos de ambas as universidades.

 

Enlaces de interese


faiTIC
Secretaría Virtual
DUVI
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Calendario de Actividades

Xullo 2020
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

Matricula 2019 20