O título de Mestrado que aquí se propón é unha transformación dun Mestrado existente na Universidade de Vigo nun Mestrado interuniversitario froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña.

Xustificación da pertinencia do Mestrado Universitario Investigador.

No Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo existía un programa de Doutoramento co título Investigación en Didácticas Especiais, e Educación Física, en parte como continuidade a este programa de Doutoramento implantar un novo programa de Doutoramento denominado Actividade Física, Deporte e Saúde que estaba, nese momento, asociado ao mestrado de investigación.

O Mestrado de Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde completou a matrícula de acordo coa normativa legal de cada momento, pero obsérvase unha menor matrícula do alumnado nos tres últimos anos. As esixencias establecidas no Decreto 222/2011 da Xunta de Galicia, concretamente o disposto no seu artigo 6 no que se indica que o número mínimo de alumnos/as novos será de 20, indícannos que unha unión estratéxica entre a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento este mestrado pode garantir a matrícula anual e por tanto os requirimentos do Decreto 222/2011.

Xustificación social.

Existe unha necesidade en formar investigadores no ámbito da actividade física, o deporte e a relación con saúde polos seguinte motivos:

Está a producirse un incremento da poboación maior en Galicia, no ano 1013 o 23,3% da poboación galega tiña máis de 64 anos e as proxeccións demográficas coinciden en que a sociedade galega continuará envellecendo. Para reducir o grao de dependencia e mellorar a calidade de vida deste segmento da poboación é necesario formar investigadores neste ámbito.

En Galicia está a incrementarse o nivel de sedentarismo da poboación e como consecuencia os niveis de obesidade e sobrepeso, así como un incremento da prevalencia de patoloxías asociadas ás actitudes hipocinéticas.

Galicia dispón dun importante número de praias con Bandeira Azul e moitos quilómetros de costa, así como equipamentos de auga onde é necesaria a presenza de socorristas. É necesario formar investigadores neste ámbito.

A práctica de actividade física deportiva está a estenderse a todos os grupos de Poboación, así os manifestan os resultados das enquisas sobre hábitos deportivos da poboación española.

O deporte é posiblemente un dos fenómenos sociais máis importantes do século XX e de comezos do século XXI. Por tanto é necesario ter un maior coñecemento dos aspectos socio-económicos e as súas repercusións sobre o organismo. Así como a análise dos aspectos técnico-tácticos do deporte.

Tanto os obxectivos e competencias como a estrutura e organización deste mestrado definíronse en base a documentos estatais e nacionais así como os regulamentos de estudos da Universdiad de Vigo e a Universidade da Coruña.

En canto a documentos internacionais, tomáronse como referencia, entre outros, os seguintes: Bologna handbook, os Descriptores de Dublín, o proxecto Tunning educational structures in Europe, o documento Subject Benchmark Statements da QAA e as propostas da Council for Higher Education Accreditation.

O sector de I+D+i ao que afecta este master é o relacionado co deporte e a actividade física e saúde. A investigación no ámbito do deporte para experimentado un gran auxe nos últimos anos, actualmente utilízanse sistemas informáticos para analizar sistemas complexos de xogo como é o caso do fútbol ou maniquís con sistemas de detección para a investigación en salvamento e socorrismo. É tamén de destacar a investigación no ámbito do rendemento. Outro ámbito que se desenvolveu é o establecer relacións entre a actividade física e Saúde, isto está a crear novas profesións para o profesional das Ciencias da Actividade Física e o Deporte, así como a relación da actividade física coa saúde.

Procedementos de consulta internos.

O día 9 de maio de 2014 a Comisión permanente da Xunta de Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (Universidade da Coruña) a declaración de intencións para explorar a viabilidade do transformar o Mestrado en Interuniversitario.

O día 19 de maio de 2014 apróbase na Xunta de Facultade de CC da Educación e do Deporte (Universidade de Vigo) a colaboración entre as Facultades da Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña (Facultade de CC do Deporte e a Educación Física e Facultade de CC da Educación e do Deporte). Esta colaboración afecta o Mestrado de Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde.

O día 12 de xuño de 2014 apróbase na Xunta de Facultade de CC da Educación e do Deporte (Universidade de Vigo) a proposta de Mestrado Interuniversitario de Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde e ademais noméase aos membros da Comisión Académica do devandito mestrado.

O día 19 de xuño de 2014 celébrase, en Pontevedra, a primeira reunión da Comisión interuniversitaria do Mestrado para a redacción da Memoria correspondente.

O día 30 de xuño de 2014 celébrase, en Pontevedra, a segunda reunión da Comisión interuniversitaria do Mestrado para a redacción da Memoria correspondente.

O día 18 de xullo de 2014 celébrase, por videoconferencia, a terceira reunión da Comisión interuniversitaria do onde se aprobou a proposta de Memoria.

O proceso de revisión e consulta na Universidade de Vigo foi o seguinte:

  • Exposición pública da Memoria no Centro e período de alegacións.
  • Aprobación da Memoria en Xunta de Centro.
  • Exposición pública da Memoria ante a Comunidade universitaria e apertura dun prazo de alegacións á proposta.
  • Revisión técnica da proposta por parte do Vicerreitorado competente.
  • Modificación da proposta en función da revisión e alegacións presentadas: aprobada na Comisión Académica do Mestrado.
  • Aprobación en Xunta de Centro da Memoria definitiva.
  • Información da Comisión de Estudos de Posgrao da Memoria definitiva.
  • Aprobación da proposta en Consello de Goberno da Universidade de Vigo da Memoria definitiva.
  • Aprobación da proposta en Consello Social da Universidade de Vigo da memoria definitiva.

Procedementos de consulta externos.

Ademais da documentación á que se fai referencia nos apartados anteriores, para o deseño deste Mestrado interuniversitario consultáronse iniciativas de orientación similar de diferentes universidades españolas e estranxeiras.

Programas consultados:

  • Master of Public Health (University of Illinois UIUC)
  • Understanding Research Methods (University of London)
  • Big Data Education (Columbia University)
  • Data Analysis (Johns Hopkins University)
  • Health in Numbers: Quantitative Methods (Harvard University)

Iniciativas no ámbito estatal:

  • Mestrado de Investigación en Actividade Física e Deportes da Universidade de Granada.
  • Mestrado de Investigación en Actividade física e Deporte da Universidade de Málaga.
  • Mestrado de Investigación e Docencia en Ciencias da Actividade Física e a Saúde da Universidade de Xaén.
  • Mestrado en Innovación e investigación en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
  • Mestrado en Investigación en Ciencias da Actividade Física o Deporte da Universidade de Murcia.
  • Mestrado en Investigación e Intervención en Ciencias da Actividade Física e o Deporte da Universidade de Valencia.