Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O título de mestrado que aquí se propón é unha transformación dun mestrado existente na Universidade de Vigo nun mestrado interuniversitario froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña.

Xustificación da pertinencia do Mestrado Universitario Investigador

No Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo existía un programa de Doutoramento co título Investigación en Didácticas Especiais, e Educación Física, en parte como continuidade a este programa de Doutoramento implantar un novo programa de Doutoramento denominado Actividade Física, Deporte e Saúde que estaba, nese momento, asociado ao mestrado de investigación.

O Máster en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde completou a matrícula de acordo coa normativa legal de cada momento, pero obsérvase unha menor matrícula do alumnado nos tres últimos anos. As esixencias establecidas no Decreto 222/2011 da Xunta de Galicia, concretamente o disposto no seu artigo 6 no que se indica que o número mínimo de alumnos/as novos será de 20, indícannos que unha unión estratéxica entre a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento este mestrado pode garantir a matrícula anual e por tanto os requirimentos do Decreto 222/2011.

Xustificación social

Existe unha necesidade en formar investigadores no ámbito da actividade física, o deporte e a relación con saúde polos seguinte motivos:

Está a producirse un incremento da poboación maior en Galicia, no ano 1013 o 23,3% da poboación galega tiña máis de 64 anos e as proxeccións demográficas coinciden en que a sociedade galega continuará envellecendo. Para reducir o grao de dependencia e mellorar a calidade de vida deste segmento da poboación é necesario formar investigadores neste ámbito.

En Galicia está a incrementarse o nivel de sedentarismo da poboación e como consecuencia os niveis de obesidade e sobrepeso, así como un incremento da prevalencia de patoloxías asociadas ás actitudes hipocinéticas.

Galicia dispón dun importante número de praias con Bandeira Azul e moitos quilómetros de costa, así como equipamentos de auga onde é necesaria a presenza de socorristas. É necesario formar investigadores neste ámbito.

A práctica de actividade física deportiva está a estenderse a todos os grupos de Poboación, así os manifestan os resultados das enquisas sobre hábitos deportivos da poboación española.

O deporte é posiblemente un dos fenómenos sociais máis importantes do século XX e de comezos do século XXI. Por tanto é necesario ter un maior coñecemento dos aspectos socio-económicos e as súas repercusións sobre o organismo. Así como a análise dos aspectos técnico-tácticos do deporte.

Tanto os obxectivos e competencias como a estrutura e organización deste mestrado definíronse en base a documentos estatais e nacionais así como os regulamentos de estudos da Universdiad de Vigo e a Universidade da Coruña.

En canto a documentos internacionais, tomáronse como referencia, entre outros, os seguintes: Bologna handbook, os Descriptores de Dublín, o proxecto Tunning educational structures in Europe, o documento Subject Benchmark Statements da QAA e as propostas da Council for Higher Education Accreditation.

O sector de I+D+i ao que afecta este master é o relacionado co deporte e a actividade física e saúde. A investigación no ámbito do deporte para experimentado un gran auxe nos últimos anos, actualmente utilízanse sistemas informáticos para analizar sistemas complexos de xogo como é o caso do fútbol ou maniquís con sistemas de detección para a investigación en salvamento e socorrismo. É tamén de destacar a investigación no ámbito do rendemento. Outro ámbito que se desenvolveu é o establecer relacións entre a actividade física e Saúde, isto está a crear novas profesións para o profesional das Ciencias da Actividade Física e o Deporte, así como a relación da actividade física coa saúde.