Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Segundo o RD 822/2021, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios oficiais terán acceso ao mestrado quenes reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Para acceder aos ensinos oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de mestrado.
  • Asímesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de mestrado.

 

Perfil de ingreso

Capacidades e coñocementos previos

O perfil investigador do mestrado, deseñado para formar investigadores polivalentes no campo das ciencias da actividade física e o deporte, estende o abanico de candidatos a titulados universitarios en campos afíns á actividade física, o deporte e a saúde. Así mesmo e tendo en conta que o obxectivo do mestrado é formar para investigar e innovar, búscase un perfil de estudante dinámico, crítico, creativo, con capacidade para resolver problemas cos que non está familiarizado, e que teña unha actitude flexible, que lle permita facelo de forma autónoma, pero tamén mediante o traballo en equipo.

Linguas a empregar no proceso formativo e nivel esixido

Un dos obxectivos marcados polos plans de normalización lingüística das universidades galegas é propiciar que o galego sexa a lingua habitual de comunicación, de expresión e de traballo da comunidade universitaria. Neste sentido, establécese que os centros, os departamentos, as dependencias administrativas e de servizos, teñan como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc., redactaranse en galego. Debido a iso, solicítase do estudantado que posúa un suficiente dominio de calquera das dúas linguas oficiais da comunidade autónoma galega. Ademais, cabe indicar que a referencia á capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega inclúese concretamente na Universidade de Vigo como competencia transversal.