Actualmente a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo e a Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña conta con recursos materiais e servizos adecuados e suficientes para o correcto desenvolvemento das actividades formativas do Master universitario en Ciencia do Exercicio, Preparación Física e Readaptación Deportiva. Todas as instalacións cumpren cos requisitos de accesibilidade dispostos na Lei 51/2003, do 2 de decembro. A Unidade Técnica, en colaboración co Vicerreitorado correspondente e o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, avalía regularmente as condicións de accesibilidade e seguridade dos espazos a fin de emendar posibles incidencias.
Os espazos dispoñibles nas facultades poden ser consultados nos seguintes enlace web con información detallada (número, dimensións, equipamento etc.)/ etc.) sobre os laboratorios, instalacións deportivas, aulas teóricas, aulas seminario, biblioteca e outras infraestruturas do centro:
http://fcced.uvigo.es/gl/o-centro/recursos-materiais-e-servizos/
https://inefg.udc.es/index.php/instalacións/aulas
https://inefg.udc.es/index.php/instalacións/despachos-profesorado
https://inefg.udc.es/index.php/instalacións/espazos-docente-fisico-deportivos
https://inefg.udc.es/index.php/instalacións/espazos-publicos
Todas as aulas e laboratorios dispoñen de ordenador fixo e sistema de proxección audiovisual completo. No ámbito da conectividade, o edificio conta con conexión inalámbrica (wifi) en todas as súas instalacións e dependencias.
De maneira específica, o máster conta coas seguintes instalacións deportivas: ximnasio de usos múltiples, tatami, pista de atletismo, pavillón deportivo, rocódromo, campo de fútbol de herba sintética, sala de musculación, piscina, laboratorio de Kinesiología e Acondicionamento Físico, Laboratorio de Fisioloxía e Biomecánica, Sala de Videoconferencia. Estas instalacións existen nas dúas facultades.
A Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña dispón dunha serie de ferramentas para a realización da teledocencia. Cada profesor/a de o Master dispón de espazos virtuais na plataforma MOOVI (href=”https://moovi.uvigo.gal”>https://moovi.uvigo.gal) para almacenar e compartir cos/as estudantes documentación propia da materia. Ademais, o Máster conta tamén cunha aula virtual e despachos virtuais para o profesorado a través do sistema Campus Remoto (href=”https://campusremotouvigo.gal”>https://campusremotouvigo.gal) para a realización de clases e titorías virtuais. Este sistema permite tamén a gravación das actividades, para a visualización das mesmas polo alumnado.
As Facultades dispón dos seguintes mecanismos de apoio e orientación ao estudantado matriculado no mestrado.