Inicio

Máster Interuniversitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

O presente título supón a transformación en Mestrado Interuniversitario do previamente existente na Universidade de Vigo e é froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña.

Orixinalmente o título comezou a súa andaina na Universidade de Vigo o curso 2009/2010, iniciándose a súa impartición como título inter-universitario, unha vez verificada a súa memoria, no curso 2015/2016. Na Comunidade Autónoma de Galicia hai dúas Universidades que imparten a titulación de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, concretamente na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra) e na Facultade de Deporte e a Educación Física na Universidade da Coruña. En ambos os centros hai grupos de investigación que centran o seu traballo sobre a Actividade Física, o Deporte e a Saúde. É por iso que este Mestrado supón unha optimización dos recursos económicos de ambas as universidades.