O Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde ten unha carga de 60 ECTS. Divídese en dous cuadrimestres con 30 ECTS cada un. No primeiro cuadrimestre cúrsanse nove materias obrigatorias. No segundo cuadrimestre seleccionarase unha das cinco optativas. Neste segundo cuadrimestre realizarase o Traballo Fin de Máster que ten carácter obrigatorio, e cunha carga de 10 ECTS.

Materia ECTS / Tipo
O Proceso de Investigación nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte 3 / OB
A Comunicación Científica e Fontes Documentais nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte 3 / OB
Metodoloxía Experimental e Cuasiexperimental nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte 3 / OB
Metodoloxía Selectivo Correlacional 3 / OB
Deseños Observacionais Aplicados á Investigación no Deporte 3 / OB
Metodoloxía Cualitativa nas Ciencias da Actividade Física e do Deporte 3 / OB
Revisión Sistemática e Metaanálise 3 / OB
Análise Exploratoria de Datos e Análise Inferencial 4 / OB
Análise Multivariante 5 / OB
Exercicio e Condición Física no Eido do Rendemento e a Saúde 20 / OP
Aprendizaxe e Control Motor 20 / OP
Investigación en Educación Física, Actividade Física e Deportes 20 / OP
Análise do Rendemento nos Deportes 20 / OP
Actividades Acuáticas e Socorrismo 20 / OP
Traballo de Fin de Máster 10 / OB